UN RECUNCHO PARA ME PODER DESFACER DE PENSAMENTOS INVASIVOS

10.3.09

PUTO TUENTI


Eiquí síntome a gusto…polo menos ter un sitio onde as fotos non se cuantifiquen en centos, que sexa a calidade ou a simpleza se o queredes o que prime. Perdoade que este montaxe non sexa moi bo pero o caso e que me sinto na obriga de imprimi-lo espíritu anti-tuenti como sexa porque estou ata os () () de que tóda-las noites que saio de festa a xente se achegue coa cámara decindo: FOTO TUENTI! FOTO TUENTI!... REIVINDICO A LIBERDADE DO XÉNERO HUMANO A BEBER UNHA CUBATA SIN QUE LLE TOQUEN A MORAL…(por non falar dos dereitos de imaxe claro)
Cecais os que tendes tuenti dalgunha forma pondes o interese global por riba do que é a amizade e non vos percatades (pobres de vos) de que un flash dirixido directamente ós ollos …que queredes …chega a molestar, non é queixarse de vicio.
Ti estás simplemente a fumar un cigarro e non sei, chámalle rareza ou excesivo amor a intimidade que non tes ganas de que o día seguinte todo Dios se entere de: que marca de tabaco compras, se tes os dentes tortos, se sabes combinar as cores, con quen falabas e cuidado! con que intención!(que é ben sabido que esto queda impreso na foto tal q fora unha pegada dixital ). Joder, é o puto paraíso dos cotillas, e atención a ironía…falas con xente a que nin miras pola rúa, recordas os aniversarios non porque che importe a xente no! porque cho di unha máquina e digo eu... que penso que teño mente criminal por natureza...ninguén , absolutamente ninguén se percata da tremenda base de datos que está a axudar a formar a sabe dios quen! ... saio con este na zoa tal as 4 marcho para iste outro bar e se queres vir cunha recortada e esparci-los meus sesos polo chan por favor por favor trae a cámara q esa vai ser FOTO TUENTI!
Necesitaba desafogar está claro
Un saudo a tódo-los colegas que tendes tuenti e me tocades a moral coa cámara e logo colgades o meu careto na red sen pedir permiso nin pensar en ningún momento que os momentos vividos fannos medrar e se son importantes de verdade quedarán na memoria e na conciencia sempre. Bikos meus

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario