ODIO XERAL

UN RECUNCHO PARA ME PODER DESFACER DE PENSAMENTOS INVASIVOS

11.3.09

HOXE, CERTOS ANUNCIOS







O primeiro:
Non vos vou por en antecedentes porque non recordo que estaba a ver nacaixa tonta nin porque estaba sentada no sofá, simplemente estaba como tantas outras veces. O caso é que vin o anuncio das pizzas “casa tarradellas” . Nese intre percateime dunha cousa...o tremendo poder que exerce a publicidade sobre nos! Non porque me apetecese unha pizza
( que eso recoñezo que xa me pasou algunha vez ) senón porque no anuncio saía unha vella , unha señora que lle collía a receta da salsa barbacoa ao seu neto para a pizza que ela facía dende sabe Dios fai canto con cariño e amor para a súa familia. Entonces pensei: joder , pero que listos tio! Desvían a nosa atención cara a vella e a salsa barbacoa pero dan por feito que unha avoa ten como norma xeral como costume e afición facer pizzas para a cea . Vamos a ver! Listos coma a fame meu !
E entón lembrei a miña avoa (que esta sí era de verdade e non o aparentaba soamente físicamente) decíndome: “ Nena, non comas tanta porcallada, e millor que comas un bocadillo, uns greliños, un chouriciño , pero non esas porcalladas que veñen envoltas en plásticos e que vai ti saber o que lle botan”
¿Acaso non é esta a voz real , a opinión indiscutible dunha avoa apoiada na sabedoría popular e propia de moitos anos? Esto indignoume …ademáis ¿por qué esa vella que sai representada por diferentes actrices non fala? Pois porque senón perdería toda a credibilidade , onde se viu unha avoa decindo : “ Neno , ata que acabes de come-la pizza non vas xogar, ti verás” .


O segundo:
Logo está ese outro anuncio sobre unha especie de GPS para o móvil que di máis ou menos literalmente : “ y no dejes que te engañe” OSTIA! Veña home, pero porque quedarse en sutilezas e só espiar, regaládelle polo establecemento de alta deste servizo tamén unha granada de man, que son moi útiles cando queres exercer CONTROL ABSOLUTO sobre un ser humano.


O terceiro:
Este é un anuncio sobre cremas para mulleres de mediana idade. Aparece unha señora (de idade indefinida claro) e reencontrase co que se supón é o seu ex...está a mirar un piso e entón el di: "o ático, está moi ben para un só, ou dous" do que ti deduces: este quere mandanga, pero ela contesta :"sí , o que nós estabamos a buscar" e aparece un terceiro "señor" supostamente o mozo da muller de idade indenfinida que podería ser fillo dos outros dóus intérpretes. Moraleja: Cómprate esta crema e daraslle polo cu ó teu ex que deducimos polo anuncio foi un cabrón contigo e líate cun yogurín. O anuncio está ben, eu non digo o contrario...pero ¿non é demasiado prometer para un pequeno bote de 50cc? En fin, despois atópaste coa realidade e descobres que a crema non tiña dentro o yogurín cachondo que pensabas e que se queres un ático cos tempos que corren máis che vale ir sacando as cousas do faiado.

Podería seguir así cunha chea de anuncios, cremas, comida, móviles, e demáis pero por hoxe vou ben de ira contida...o fin esto de despotricar de balde vai ser terapéutico e todo :) saudos

10.3.09

PUTO TUENTI


Eiquí síntome a gusto…polo menos ter un sitio onde as fotos non se cuantifiquen en centos, que sexa a calidade ou a simpleza se o queredes o que prime. Perdoade que este montaxe non sexa moi bo pero o caso e que me sinto na obriga de imprimi-lo espíritu anti-tuenti como sexa porque estou ata os () () de que tóda-las noites que saio de festa a xente se achegue coa cámara decindo: FOTO TUENTI! FOTO TUENTI!... REIVINDICO A LIBERDADE DO XÉNERO HUMANO A BEBER UNHA CUBATA SIN QUE LLE TOQUEN A MORAL…(por non falar dos dereitos de imaxe claro)
Cecais os que tendes tuenti dalgunha forma pondes o interese global por riba do que é a amizade e non vos percatades (pobres de vos) de que un flash dirixido directamente ós ollos …que queredes …chega a molestar, non é queixarse de vicio.
Ti estás simplemente a fumar un cigarro e non sei, chámalle rareza ou excesivo amor a intimidade que non tes ganas de que o día seguinte todo Dios se entere de: que marca de tabaco compras, se tes os dentes tortos, se sabes combinar as cores, con quen falabas e cuidado! con que intención!(que é ben sabido que esto queda impreso na foto tal q fora unha pegada dixital ). Joder, é o puto paraíso dos cotillas, e atención a ironía…falas con xente a que nin miras pola rúa, recordas os aniversarios non porque che importe a xente no! porque cho di unha máquina e digo eu... que penso que teño mente criminal por natureza...ninguén , absolutamente ninguén se percata da tremenda base de datos que está a axudar a formar a sabe dios quen! ... saio con este na zoa tal as 4 marcho para iste outro bar e se queres vir cunha recortada e esparci-los meus sesos polo chan por favor por favor trae a cámara q esa vai ser FOTO TUENTI!
Necesitaba desafogar está claro
Un saudo a tódo-los colegas que tendes tuenti e me tocades a moral coa cámara e logo colgades o meu careto na red sen pedir permiso nin pensar en ningún momento que os momentos vividos fannos medrar e se son importantes de verdade quedarán na memoria e na conciencia sempre. Bikos meus